Nestes días recibiredes nas vosas cosas a información sobre o campamento de verán organizado polo Concello do Pereiro de Aguiar. Como todos os anos haberá dúas quendas, a primeira do 19 ao 23 de agosto para nenos e nenas que nados entre o 1/1/2008 e o 31/12/2011, e a segunda para nenos e nenas nados o 1/1/2004 e o 31/12/2007.
A documentación a presentar para facer a reserva de praza e a seguinte:
- Anexo I – Folla de inscrición.
- Anexo II- Datos médicos.
- Anexo III- Declaración de saber nadar.
- Anexo IV- Autorización para a publicación de fotografías e protección de datos.
- Fotocopia do DNI.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Copia do ingreso bancario no que debe figurar nome e apelidos do participante (CANDO SAIAN AS LISTAS DE ADMITIDOS) .
- O prazo de presentación de documentación é do 10 de xuño ao 1 de xullo (ambos incluídos).
Para máis información chamade ao 988.259.839 ou a través do enderezo electrónico: cultura@concellopereiro.com