Concurso Tarxetas de Nadal Terras de Aguiar 2022
Como o ano pasado, este 2022 voltamos a celebrar o concurso de Tarxetas de nadal
Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras. Os traballos presentaranse baixo lema ou pseudónimo, que aparecerá na parte traseira da postal; os que non se presenten así non serán admitidos. As tarxetas presentaranse nun sobre pechado coa categoría escrita por fóra; dentro dese mesmo sobre debemos engadir outro que inclúa o pseudónimo e os datos persoais e teléfono de contacto, ou ben o colexio ao que pertence. O material a empregar é libre. De levar texto, acéptase nas dúas linguas oficiais.
Tes ata o 19 de decembro de 2022 para participar!
Podes atopar máis información nas bases oficiais do concurso: