Bases de concurso adornos de Nadal

 CATEGORÍAS

  • Categoría infantil, nenos e nenas de entre 1 e 16 anos.
  • Categoría de adultos, a partir de 17 anos.

🎄MATERIAS QUE PODES EMPREGAR

Cada participante pode presentar un máximo de dous adornos que deben ser de elaboración propia. Plena liberdade en canto a técnica, os materiais e o estilo a empregar. 

📋CRITERIOS DO XURADO

  • Deseño.
  • Orixinalidade.
  • Utilización de recursos reciclados ou da natureza.

Cada membro do xurado puntuará a decoración de 1 a 5 puntos. A suma de todos os puntos, dará lugar aos gañadores do concurso.

🏆 PREMIOS

  • Categoría infantil: Lote de libros.
  • Categoría adultos: premio de 50 euros 

A súa entrega farase o 5 de xaneiro no Salón de Actos do Edificio Multiusos dos Gozos, coa recepción dos Reis Magos.

📆 PRAZO DE ADMISIÓN

A data límite para participar e colocar o adorno será o 27 de decembro. 

⬇️ MÁIS INFORMACIÓN