Bases de Axudas á hosteleria de Pereiro de Aguiar

Bases de Axudas á hosteleria de Pereiro de Aguiar

Extracto das Bases reguladoras de axudas económica para responder ao impacto provocado polo Covid-19 na hostalería do concello do Pereiro de Aguiar (Plan Reactiva Pereiro)

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/536030

Primeiro: Beneficiarios

Persoas físicas que sexan titulares de cafeterías, bares, restaurantes, salóns de banquetes e establecementos de restauración no concello do Pereiro de Aguiar, que se visen afectados pola crise derivada do COVID19 e que tiveran que proceder ao peche dos seus negocios.

Segundo: Obxecto

Paliar e actuar de maneira inmediata ante o impacto económico que tivo a crise sanitaria derivada do COVID19 nos establecementos de cafeterías, bares, restaurantes, salóns de banquetes e establecementos de restauración do concello do Pereiro de Aguiar, e impulsar a actividade económica no termo municipal, outorgando axudas para paliar as perdas económicas a este colectivo afectado máis directamente. Estas buscan facilitar o cumprimento das súas obrigas empresariais, axudar ao mantemento da actividade e así acadar a debida protección do emprego.

Terceiro: Bases reguladoras

Bases reguladoras de axudas económicas para responder ao impacto provocado polo Covid19 na hostalería do concello do Pereiro de Aguiar (Reactiva Pereiro)

Cuarto: Contía

A axuda á que poderán acceder as persoas solicitantes que cumpran os requisitos establecidos nesta convocatoria consistirá nun importe económico variable correspondente ao 50 % dos gastos do establecemento resultantes durante o ano 2020 (tributos municipais, IBI, auga e lixo), cun tope máximo de 1.500 € por solicitante.

Quinto: Prazo de presentación de solicitudes

A partir do día seguinte da súa publicación no BOP de Ourense e ata o 13 de decembro de 2020.

 

DESCARGAR BOP COMPLETO n.º 278 · Xoves, 3 decembro 2020