O noso concello atópase en situación de pre-emerxencia en relación ao subministro de auga potable. É por isto que lles solicitamos dun novo esforzo de colaboración ante esta situación para conseguir manter as reservas o máximo tempo posible, mantendo os niveis de auga dos depósitos de abastecemento municipal e evitar vernos obrigados no futuro a ter que realizar cortes selectivos do subministro.
Só se poderá facer uso da auga de abastecemento para destinala ao consumo doméstico. Prohíbese calquera outro.
Non se poderá :
- Encher piscinas, elementos similares e depósitos.
- Regar hortas e explotacións agrícolas.
- Lavar vehículos ou patios con auga potable.
- Reduciranse ao mínimo os regos de xardíns públicos e pecharanse as fontes públicas conectadas ao abastecemento.
- Controlaranse os consumos en edificios e instalación municipais.
- Vixiaranse as perdas na rede de abastecemento.