BANDO MEDIDAS EXTRAORDINARIAS DEBIDAS AO CORONAVIRUS- COVID19

O Concello do Pereiro de Aguiar adopta medidas orientadas a minimización do risco de contaxio e garantir a protección
da saúde pública.

Comunícase a suspensión durante quince días revisables dos seguintes servizos e actividades:

  • Servizo Aula Concilia.
  • Todas as actividades deportivas e culturais (rebulindo na biblio, cursos de memoria).
  • Suspensión de autorizacións para o uso dos locais sociais das parroquias para actividades, da Área Recreativa de Loñoá e do albergue de Ordelles.
  • Peche dos campos de fútbol e do pavillón polideportivo municipal.

DESCARGAR RESOLUCION