Bando Eleccións ao Parlamento de Galicia

LUIS MENOR PEREZ, ALCALDE DO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR (Ourense),

FAGO SABER

Que de conformidade co artigo 39 da Lei Orgánica 5/1985 do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral (LOREX), as listas do censo electoral deste municipio, que rexerán nas Eleccións ao Parlamento de Galicia do próximo día 12 de xullo de 2020, encóntranse expostas ó público nas oficinas municipais para a súa consulta e reclamación, se procede, durante o período comprendido entre os días 25 de maio ao 01 de xuño de 2020 (ámbolos dous inclusive).

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos