Bando Deputación Ourense

Bando Deputación Ourense

“Os servizos de carácter administrativo continuarán a prestarse aos cidadáns, se ben de forma non presencial, utilizando os medios telefónicos e telemáticos dispoñibles. A tal efecto, os interesados poderán tramitar as súas solicitudes e realizar as actuacións que resulten necesarias nos seus expedientes a través da sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense.

No caso de que os cidadáns carezan de medios para realización on – line dos trámites, atenderáselles mediante correo electrónico ou telefonicamente, nos seguintes termos:

a) Con carácter preferente, os cidadáns poderán remitir un correo electrónico indicando o trámite que desexen realizar. Os servizos provinciais poranse en contacto cos interesados o antes posibles, e facilitará as instrucións a seguir para a realización dos trámites.

Na medida en que sexa legalmente posible, se facilitará a presentación de

documentación mediante correo electrónico, realizándose a presentación no Rexistro Electrónico polos propios empregados públicos.

Descargar BANDO con máis información