Beneficiarios:
O/a proxenitor/a dun/dunha menor nacido/a entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de decembro de 2020.
O/a adoptante dun/dunha menor, sempre que a constitución da adopción teña lugar entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de decembro de 2020.
O/a titor/a dun/dunha menor, sempre que a constitución da tutela se faga entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de decembro de 2020.
Condicións:
A persoa solicitante ten que figurar empadroado/a no Concello do Pereiro de Aguiar na data da solicitude da axuda e acreditar unha antigüidade no empadroamento no mesmo, polo menos, de 1 ano ininterrompido e inmediatamente anterior á data da presentación da solicitude.
O/a menor que causa o dereito á subvención ten que constar inscrito/a no Padrón de habitantes do Concello do Pereiro de Aguiar na data de presentación da solicitude. Cada neno/a nacido/a, tutelado/a ou adoptado/a dará dereito a unha única subvención a favor da persoa solicitante: proxenitor/a, titor/a ou pai/nai do/a menor.
Cuantía da Subvención:
A subvención terá unha cuantía certo de 250 € por neno/a
Lugar e presentación, plazo e documentación
Dende o día seguinte ao da publicación destas bases e ata o día 31 de decembro de 2020. No caso de que o nacemento ou constitución da adopción ou tutela que motiva a solicitude tivera lugar entre o día 10 de decembro o o día 31 de decembro, o prazo para presentar a solicitude será ata o día 15 de xaneiro do 2021
Poderán realizarse de modo presencial ou telemático, neste último caso a través da sede electrónica do Concello de Pereiro de Aguiar (https://concellopereiro.sedelectronica.gal/info.0), utilizando o trámite de solicitude de instancia xeral dispoñible na sede.
Para a presentación da solicitude terá que utilizarse o formulario normalizado que se achega como anexo.
Documentación a presentar coa solicitude:
a)Copia do DNI, ou documento identificativo, só no caso de non autorizar a consulta.
b)Copia do certificado de empadroamento do/a solicitante, só no caso de non autorizar a consulta.
c).Copia da resolución xudicial ou administrativa que constitúa a adopción ou tutela.
No caso de que a persoa solicitante tivera sido beneficiaria da tarxeta “CHEGOU” da Deputación de Ourense nos anos 2018, 2019 ou 2020, non terá que aportar a documentación expresada nos puntos a), b) e c), podendo sustituilos pola autorización ao concello para a consulta deste datos na Deputación de Ourense. O formulario para esta autorización facilitarase polo Concello de Pereiro de Aguiar.
Gastos Subvencionables:
Adquisición de produtos hixiénicos, alimentarios e/ou de saúde en farmacias e/ou parafarmacias, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
1.Que sexan realizados en data posterior á do nacemento/adopción do/a neno/a que motiva a subvención e ata o 31 de maio de 2021.
2.Que conste como executora do gasto a persoa beneficiaria da subvención.
MODELO OFICIAL DE INSTANCIA DE SOLICITUDE BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE OURENSE MODELO DECLARACIÓN AUTORIZACIÓN