Apróbanse as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas
O Instituto de Estudos do Territorio publicou no Diario Oficial de Galicia o 17 de xaneiro de 2023 a Resolución do 21 de novembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia no competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas (MT402A).
Actuacións subvencionables
- Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.
- Remate, renovación e/o substitución do acabamento exterior de cubertas.
- Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.
Prazo de presentación:
- Ata o 17 de febreiro de 2023
Contía da axuda:
- A contía da axuda será do 70 % do investimento subvencionable, co límite de 3.000 € por
solicitante e ben.
Beneficiarios:
- Persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha/s das actuacións establecidas na resolución de convocatoria.