AXUDAS DO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E/OU MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO 2020/2021
Prazo de presentación
Finalizará o 30 de setembro de 2020.
Contía da axuda:
100 euros para os cursos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos)
Destinatarios:
As familias con menor poder adquisitivo do Concello do Pereiro de Aguiar que cumpran os seguintes requisitos:
- Convivir con menores ao seu cargo, escolarizados en centros de ensinanza públicos ou privados en tramos concertados en Educación Infantil.
- Estar todos os membros da unidade de convivencia empadroados no Concello do Pereiro de Aguiar como mínimo desde o 1 de xaneiro de 2020.
- Non superar os 8.500,00 € de renda per cápita anual (Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%)
- Estar ao corrente no pagamento de todos os tributos e taxas municipais
- Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario segundo o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Documentación a presentar:
- Anexo I de solicitude
- Anexo II declaración responsable e autorización para obtención de datos
- DNI/NIE/PASAPORTE (en vigor) de todos os membros da unidade de convivencia
- Certificado do centro educativo no que estea/n matriculad@/s @/s nen@/s.
- Fotocopia da declaración do IRPF do exercicio 2019, de cada un dos membros computables da unidade de convivencia. En caso de non estar obrigado a presentala, deberá achegar certificado negativo de facenda, certificado de imputacións de renda e xustificantes dos ingresos obtidos no ano 2019 (certificado empresa, certificado do SEPE, xustificante de pensión…)
- No caso de separación ou divorcio legal, copia da sentenza e do convenio regulador. En situacións de impago das achegas establecidas, copia da solicitude de execución de sentenza presentada ante o xulgado ou xustificante de inicio das actuacións.
- Documentación acreditativa dos criterios alegados na solicitude referentes ao artigo 7.
- Pódese presentar xa neste intre a documentación acreditativa da xustificación da subvención (factura orixinal) co fin de axilizar a tramitación do expediente.
Xustificación e pagamento:
O prazo de xustificación da axuda rematará o día 30 de outubro de 2020.
Procederase ao pago da axuda unha vez que os beneficiarios xustifiquen debidamente o importe da subvención concedida mediante:
- Factura orixinal ou copia cotexada do gasto realizado.
- Declaración responsable de todas as axudas, solicitadas ou non, e concedidas ou non, para a mesma finalidade doutras administracións públicas ou privadas.
Podes descargar aquí a solicitude e o aviso: