Axudas destinadas ao apoio económico ás familias numerosas ano 2023

Bases reguladoras de Axudas destinadas ao apoio económico ás familias numerosas ano 2023, e Modelo de solicitude

Prazo de presentación

Ata o 30 de novembro de 2023.

Beneficiarios

Aquelas familias cualificadas como numerosas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou organismos análogos doutras comunidades autónomas.

Requisitos

  • As unidades de convivencia con residencia habitual neste concello, cun mínimo dun ano de antigüidade ininterrompido á data de presentación da solicitude. A antigüidade esixirase a todas aquelas persoas que figuren no título de familia numerosa.
  • Estar en posesión do título de familia numerosa en vigor no momento da solicitude. Todos/as os/as fillos/as incluídos no título de familia numerosa deberán formar parte da unidade de convivencia.
  • Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, a persoa beneficiaria da prestación será o pai/nai que teña a custodia dos fillos/as. En caso de custodia compartida recibirase unha única axuda ao proxenitor que a solicite. No caso de que ambos os proxenitores tramitasen a solicitude por separado resolverase por orde de entrada da solicitude no Rexistro.
  • No caso de que un dos proxenitores se atope traballando fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e non figure empadroado neste municipio, deberá acreditalo con copia do correspondente contrato de traballo ou calquera outro documento que acredite a residencia efectiva (contrato de aluguer, etc)
  • As unidades de convivencia deberán ter unha renda inferior aos seguintes límites máximos de renda:

O importe abonado en concepto de aluguer ou hipoteca pola residencia habitual deducirase dos ingresos netos da unidade familiar, cando esta sexa a única vivenda titularidade dos membros da unidade de convivencia. O límite máximo de dedución por este concepto ascende a 6.000,00 € anuais. Contía das axudas 200,00 € mínimo e determinarase conforme ás seguintes regras: a) A achega será idéntica na súa contía para todos os solicitantes. b) O importe da achega determinarase unha vez pechado o prazo de presentación das solicitudes, dividindo o crédito orzamentario dispoñible entre o número de solicitudes con dereito a achega. En todo caso, a achega non poderá exceder de 300,00 euros por solicitante.

Contía das axudas

200,00 € mínimo e determinarase conforme ás seguintes regras:

  1. A achega será idéntica na súa contía para todos os solicitantes.
  2. O importe da achega determinarase unha vez pechado o prazo de presentación das solicitudes, dividindo o crédito orzamentario dispoñible entre o número de solicitudes con dereito a achega. En todo caso, a achega non poderá exceder de 300,00 euros por solicitante.

 

DESCARGAR RESOLUCION

DESCARGAR RESOLUCION

DESCARGAR RESOLUCION