Aviso Viaqua

Aviso Viaqua

Luís Menor Pérez, alcalde do Concello do Pereiro de Aguiar,

FAI SABER,
VIAQUA GESTION INTEGRAL DE AGUAS DE GALICIA SAU, empresa concesionaria do servizo de abastecemento municipal de auga potable, comunica aos veciños e veciñas que na actual situación de vulnerabilidade para todos, especialmente para os autónomos, propietarios dunha pequena ou mediana empresa, comerciantes, restauradores, empresarios, hoteleiros ou persoas en situación de desemprego, teñen a súa disposición as seguintes MEDIDAS:

  • Fináncianse ou aprázanse as facturas, sen intereses, a todos los colectivos que ante esta situación excepcional presenten dificultades no pago das facturas.
  • Dispoñen dun plan de cota fixa (Plan 12 Gotas), que pode solicitar calquera cliente e que permite pagar todos os meses o mesmo importe en base ao consumo do ano anterior, regularizando ao final de ano a situación. No caso de que o importe sexa superior ou inferior ao consumido, devólvese a cantidade ou financiase o pago nos seguintes meses, respectivamente.
  • Ofrécese a posibilidade de elixir a data do mes que prefiran para a domiciliación bancaria.
Descargar AVISO