Luis menor pérez, alcalde do concello do pereiro de aguiar, fai saber:
tras observar de xeito continúado enseres de diversa índole no exterior do punto limpo, recordáselles que está prohibido, sen ningún tipo de excepción, depositar calquera tipo de enser ou lixo en terreos públicos, incluídos a porta e exteriores do punto limpo de vilaboa.
Pregamos acudan ao punto limpo no seu horario de apertura, e entreguen os enseres ao persoal encargado, en ningun
caso os deixen abandonados na porta, esto considérase verquido de residuos na vía pública coas seguintes sancións:
infraccións moi graves: multa dende 31.001€ ata 2.000.000€, salvo en residuos perigosos, que será dende 301.001€ ata 2.000.000€.
- Infraccións graves: multa dende 603€ ata 31.000 €, salvo en residuos perigosos, que será dende 6.020€ ata 301.000€.
- Infraccións leves multa de ata 602€, salvo en residuos perigosos, que será ata 6.019€.
Recordámoslle que existe un servizo gratuíto de recollida de enseres a domicilio do que poden facer uso chamando ao
concello, ou ben levalos aos puntos limpos nos seus horarios de apertura e habilitados para tal fin:
- punto limpo do pereiro de aguiar(vilaboa, entre s. Benito da veiga e sabadelle) martes: 16:00h a 19:45h | venres: 10:00h a 13:45h
- punto limpo de san cibrao das viñas (rúa 4 do polígono industrial de san cibrao das viñas.) luns e sábados: 10:00h a 13:45h.
Esta zona será obxecto de especial vixilancia, polo que se procederá a denunciar e emitir as sancións correspondentes no
caso de identificación de persoas que depositen lixo no seu entorno.
Moitas grazas pola súa colaboración.