TRAS OBSERVAR DE XEITO CONTINÚADO ENSERES DE DIVERSA ÍNDOLE NO EXTERIOR DO PUNTO LIMPO, RECORDÁSELLES QUE ESTÁ PROHIBIDO, SEN NINGÚN TIPO DE EXCEPCIÓN, DEPOSITAR CALQUERA TIPO DE ENSER OU LIXO EN TERREOS PÚBLICOS, INCLUÍDOS A PORTA E EXTERIORES DO PUNTO LIMPO DE VILABOA.
PREGAMOS ACUDAN AO PUNTO LIMPO NO SEU HORARIO DE APERTURA, E ENTREGUEN OS ENSERES AO PERSOAL ENCARGADO, EN NINGUN CASO OS DEIXEN ABANDONADOS NA PORTA, ESTO CONSIDÉRASE VERQUIDO DE RESIDUOS NA VÍA PÚBLICA COAS SEGUINTES SANCIÓNS:
- Infraccións moi graves: Multa dende 31.001€ ata 2.000.000€, salvo en residuos perigosos, que será dende 301.001€ ata 2.000.000€.
- Infraccións graves: Multa dende 603€ ata 31.000 €, salvo en residuos perigosos, que será dende 6.020€ ata 301.000€.
- Infraccións leves multa de ata 602€, salvo en residuos perigosos, que será ata 6.019€.
RECORDÁMOSLLE QUE EXISTE UN SERVIZO GRATUÍTO DE RECOLLIDA DE ENSERES A DOMICILIO DO QUE PODEN FACER USO CHAMANDO AO CONCELLO, OU BEN LEVALOS AOS PUNTOS LIMPOS NOS SEUS HORARIOS DE APERTURA E HABILITADOS PARA TAL FIN:
- PUNTO LIMPO DO PEREIRO DE AGUIAR(Vilaboa, entre S. Benito da Veiga e Sabadelle) Martes: 16:00h a 19:45h | Venres: 10:00h a 13:45h Tfno: 652 91 68 51
- PUNTO LIMPO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS (Rúa 4 do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas.) Luns e Sábados: 10:00h a 13:45h. Teléfono: 652 91 68 51
ESTA ZONA SERÁ OBXECTO DE ESPECIAL VIXILANCIA, POLO QUE SE PROCEDERÁ A DENUNCIAR E EMITIR AS SANCIÓNS CORRESPONDENTES NO CASO DE IDENTIFICACIÓN DE PERSOAS QUE DEPOSITEN LIXO NO SEU ENTORNO.
Ademáis contamos con un servizo de punto limpo móvil que se estaciona en diferentes parrouias ao longo do mes: