Aviso sobre o Lixo

Aviso sobre o Lixo

LUIS MENOR PÉREZ, ALCALDE DO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR,

FAI SABER:

POR RAZÓNS DE CONVIVENCIA CIDADÁ E PARA UNHA XESTIÓN MÁIS SOSTIBLE DO LIXO, TRAS OBSERVAR NAS ÚLTIMAS XORNADAS BOLSAS AMOREADAS E SUCIEDADE ESPARCIDA AO LADO DOS CONTEDORES, PERMANECENDO ESTOS Á METADE DA SÚA CAPACIDADE.

RECORDÁSELLES QUE ESTÁ PROHIBIDO, SEN NINGÚN TIPO DE EXCEPCIÓN, DEPOSITAR O LIXO FORA DOS CONTEDORES, POIS DIFICULTA A RETIRADA E XENERA PROBLEMAS DE INSALUBRIDADE PÚBLICA.

CONSIDERANDO O ELEVADO CUSTO DE MANTEMENTO DOS VIAIS E ZONAS PÚBLICAS, SOLICÍTASE A COLABORACIÓN DOS VECIÑOS E VECIÑAS PARA QUE SE COIDEN ESPECIALMENTE OS ELEMENTOS QUE AS INTEGRAN, PRÉGAMOSLLES QUE DEPOSITEN SEMPRE AS BOLSAS CORRECTAMENTE DENTRO DO CONTEDOR, NO CASO DE QUE A CAPACIDADE DO MESMO OU O SEU ESTADO NON O PERMITA COMUNÍQUENSE CO CONCELLO POR TELÉFONO: 988 25 93 85, POR MENSAXE DE WHATSAPP: 685 089 886 OU POR MAIL: info@concellopereiro.com

MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN.

Descargar AVISO