INSCRICIÓN AULA CONCILIA – CURSO 2020-2021
Adaptándose á normativa vixente de aplicación en materia de Covid-19, o Concello do Pereiro de Aguiar ten previsto continuar co Programa de Conciliación (Aula Concilia) do vindeiro curso 2020-21 a partires do 10 de setembro. Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as en idade escolar, entre 3 e 12 anos, necesiten compatibilizar os seus horarios laborais e familiares.
Inscrición: do 27 de xullo a partir das 9.00h ata o día 7 de agosto ás 24.00h., poderase realizar presencialmente (solicitando cita previa no Tfno.: 988 31 59 05) ou a través da sede electrónica. Deberase cubrir unha solicitude por cada neno/a.
Publicación das listas de admitidos: 28 de agosto, na páxina web do concello (www.pereiro.gal) e no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com).
Prazo de subsanación de erros: do 28 agosto ao 1 de setembro (ambos incluídos).
Publicación das listas definitivas: 4 de setembro na páxina web do concello (www.pereiro.gal) e no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com).
As prazas para a participación no Programa serán outorgadas tendo en conta a situación socioeconómica de cada familia (IRPF 2019, ata 6,5 veces o IPREM).
Requisitos imprescindibles:
- Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibiliadade horaria para o coidado dos seus fillos/as, e imposibilidade de teletraballar.
- Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
- Solicitude cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello ou do blog da aula pirata)
- Copia do DNI do/a solicitante
- Copia da tarxeta sanitaria do neno/a.
- Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores e no que conste expresamente a imposibilidade de acollerse ao teletraballo.
- Declaración IRPF do ano 2019, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).
- Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
-
- Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
- Declaración responsable con respecto ao Covid-19.
- No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
Debido a actual situación, relacionada co Covid-19, o número de prazas será limitado, seguindo as medidas de seguridade impostas pola Adminstración.