Aula Concilia durante a Ponte das Letras Galegas
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais ou Sede Electrónica
Prazo de entrega: do 9 ao 12 de maio
Publicación das listas de admitidos: 13 de maio, no blog da aula.
Requisitos imprescindibles:
- Idades: de 3 a 12 anos. Nenos e nenas nados entre o 2.010 e 2.018 (cursando actualmente 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria).
- Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibilidade horaria para o coidado dos seus fillos/as.
- Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar.
Os usuari@s que xa utilizan o servizo só deberán inscribirse na aula, os novos deberán presentar a seguinte documentación:
- Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
- Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
- Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
- Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
- Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
- Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
- No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
- Certificado de empadroamento no concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.