Aviso e solicitude de Entroido da Aula Concilia

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á AULA CONCILIA

ENTROIDO 3 e 5 MARZO

Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as cursando actualmente 4º de Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria (nados entre o 2013 e 2021).

Inscrición:

Do 17 ata o 21 de febreiro, poderase realizar presencialmente ou a través da sede electrónica. Deberán presentar a solicitude e a documentación aquelas familias que non fixeran uso do servizo durante este curso escolar no CEIP Ben Cho Shey. O resto das familias só deberán presentar a folla de inscrición cuberta.

Publicación das listas de admitidos: 25 de febreiro, no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com) e na páxina do Concello.

Requisitos imprescindibles:

  • Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibilidade horaria para o coidado dos seus fillos/as.
  • Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR (só para solicitudes novas)

  • Solicitude cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello ou do blog da aula pirata)
  • Copia do DNI do/a solicitante
  • Copia da tarxeta sanitaria do neno/a.
  • Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  • Declaración IRPF do ano 2023, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).
  • Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
    • Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
  • No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.