Aviso e solicitude da aula Concilia Semana Santa

SEMANA SANTA 2025

Días: 14, 15, 16, 21 de Abril

Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais ou por Sede Electrónica.

Prazo de entrega: do 24 de marzo ao 4 de abril.

Listas de admitidos: Aquelas familias que presentaran a solicitude en prazo recibirán a confirmación da súa admisión a través da conta de correo electrónico que proporcionaron con anterioridade.

Os usuari@s que xa utilizaron o servizo durante este curso escolar, DEBERÁN PRESENTAR SO A SOLICITUDE POR REXISTRO NAS OFICINAS MUNICIPAIS OU POR SEDE ELECTRÓNICA.

Os novos deberán presentar a seguinte documentación:

  • Ficha de inscripción debidamente cumprimentada (MOI IMPORTANTE: poñer un correo electrónico operativo)
  • Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
  • Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  • Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  • Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
    • Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
    • No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
  • 6. Certificado de empadroamento no concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.

Tfno. de información 988 25 93 85