SOLICITUDE AULA CONCILIA DÍA 13 DE OUTUBRO 2023
- Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais ou por Sede Electrónica.
- Prazo de entrega: do 2 ao 9 de Outubro
- Publicación das listas de admitidos: 10 de Outubro no blog, Facebook e páxina do Concello.
Os usuari@s que xa utilizaron o servizo durante este curso escolar, DEBERÁN PRESENTAR A SOLICITUDE POR REXISTRO NAS OFICINAS MUNICIPAIS OU POR SEDE ELECTRÓNICA.
Os novos deberán presentar a seguinte documentación:
- Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
- Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
- Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
- Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
- Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
- Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
- No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
- Certificado de empadroamento no concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.
Tfno. de información 988 25 93 85
Descargar Solicitude