Con motivo do Día da Bici, que se celebra no Pereiro de Aguiar o día 8 de Setembro, a estrada que vai dende a casa do Concello ata Cachamuíña permanecerá pechada ao tráfico dende as 10:00h ata o remate (a estrada é a marcada na imaxe que podes atopar enriba deste texto).
Así mesmo, queda prohibido estacionar dende as 20:00h do sábado 7 de Setembro ata o remate do evento o día 8 na zona marcada a continuación no mapa.