Aviso de Simulacro de Incendio Forestal Situación 2

? SIMULACRO DE INCENDIO FORESTAL SITUACIÓN 2

Este simulacro ten como finalidade a mellora dos procedementos e a coordinación entre os distintos grupos operativos que interveñen na extinción (intervención, loxístico, seguridade, sanitarios), e das medidas a adoptar de cara a poboación no caso de ocorrer un lume destas características.

? Mércores 14 de maio de 2025

? Dende as 11:00 h. ata as 13:00 h.

?Núcleos afectados polo simulacro: TIBIÁS E SABADELLE.

? Comunicarase por megafonía que todolos veciños se confinen nas súas vivendas.