INSCRICIÓN CONCILIA VERÁN 2020
Ábrese o prazo de inscrición nas Actividades do Campamento Verán 2020 que organiza o Concello do Pereiro de Aguiar para todas aquelas familias que non se acolleron a axuda do bono coidado extraordinario para a infancia.
Vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos (xa escolarizados no curso 2019/20
A inscrición poderase realizar presencialmente (pedindo cita con anterioridade) ou a través da sede electrónica dende o día 19 de xuño a partir das 9.00h e ata o día 24 de xuño ás 24.00h. Deberase cubrir unha solicitude por cada fillo ou filla.
As actividades desenvolveranse de luns a venres en horario continuado de 7:30 a 14:30h.
As prazas para a participación no Programa serán outorgadas tendo en conta a situación socioeconómica de cada familia, unha vez pechado o prazo de inscrición, comunicarase a admisión na páxina web do Concello www.pereiro.gal e no blog da Aula Pirata.