PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á “AULA CONCILIA” ENTROIDO 2022
Datas: 28 Febreiro e 2 Marzo
- Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.
- Prazo de entrega: do 14 ao 23 de febreiro
- Publicación das listas de admitidos: 24 de febreiro, no blog da aula.
Os usuari@s que xa utilizan o servizo só deberán inscribirse na aula, os novos deberán presentar a seguinte documentación:
- Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
- Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
- Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
- Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
- Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
- Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
- No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
- Certificado de empadroamento no concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.
Tfno. de información: 988 25 93 85
No Pereiro de Aguiar, 14 febreiro de 2022
O alcalde
Luis Menor Pérez