Aviso Aula Concilia 31 de Outubro

INSCRICIÓN AULA CONCILIA
DIA NON LECTIVO 31 DE OUTUBRO

O Concello do Pereiro de Aguiar ten previsto seguir co Programa de Conciliación (Aula Concilia) o vindeiro día 31 de outubro. Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as en idade escolar, entre 3 e 12 anos, necesiten compatibilizar os seus horarios laborais e familiares. As solicitudes poderanse presentar nas oficinas de rexistro do Concello ou a través da sede electrónica.

Prazo de inscrición: do 21 ao 25 de outubro
Publicación das listas definitivas: 28 de outubro

As listaxes serán publicadas , na páxina web do concello (www.concellopereiro.com) e no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com).

Os usuari@s que xa utilizaron o servizo durante este curso escolar, DEBERÁN PRESENTAR UNICAMENTE A SOLICITUDE POR REXISTRO NAS OFICINAS MUNICIPAIS OU POR SEDE ELECTRÓNICA.

DESCARGAR AVISO >>

DESCARGAR SOLICITUDE >>