O luns, 18 de maio abre de novo as portas a Biblioteca Municipal en horario de mañá, con atención ao público de 9.00h. a 13.00h. O acceso á instalación SERÁ IMPRESCINDIBLE SOLICITAR CITA PREVIA no teléfono 988.259.839.
- Para evitar aglomeracións os primeiros días, e debido ao estado de alarma, TODOS OS EXEMPLARES QUE SE ENCONTREN PRESTADOS A DÍA DE HOXE, están renovados automaticamente ata o 11 de XUÑO.
- Ao atoparnos na Fase 1, as Bibliotecas volven a ter activo o servizo de préstamo de libros. Tal e como se recolle nas recomendacións do Ministerio de Interior, hai unas directrices das que vos queremos informar e que transcribimos literalmente:
“En esta Fase 1 no podrán llevarse a cabo actividades culturales, actividades de estudio en sala o de préstamo interbibliotecario, así como cualquier otro servicio destinado al público distinto de los mencionados en el párrafo anterior. Asimismo, no se podrá hacer uso de los ordenadores y medios informáticos de las bibliotecas destinados para el uso público de los ciudadanos, así como de catálogos de acceso público en línea o catálogos en fichas de la biblioteca”.
- PRÉSTAMO DE EXEMPLARES
Polo que atinxe ao préstamo domiciliario, as obras serán solicitadas polos usuarios e proporcionadas polo persoal da Biblioteca, en ningún momento se pode acceder aos andeis dos libros.
Os usuarios podedes consultar o fondo na páxina da Rede de Bibliotecas de Galicia, https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/, e solicitalos ou ben por teléfono ou no enderezo electrónico cultura@concellopereiro.com
Non poderá estar na instalación máis dunha persoa, e os nenos que queiran acceder deberán vir soamente acompañados dun proxenitor.
RECOMENDACIÓNS
Na instalación haberá xel hidroalcohólico e recomendase o uso de mascarilla.