ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á “AULA CONCILIA PONTE CONSTITUCIÓN” Día 7
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.
Prazo de entrega: do 27 de novembro ao 1 de decembro.
Publicación das listas de admitidos: 4 decembro, no blog da aula.
Os ususri@s que xa utilizan o servizo só deberán inscribirse na aula, os novos deberán presentar a seguinte documentación:
- Ficha de inscrición debidamente cumprimentada (descargar ficha de inscripción).
- Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
- Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
- Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
- Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
- Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
- No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
- Certificado de empadroamento no concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.
- Fotografía de carné d@ menor (nen@s de 4º de infantil).
Tfno. de información 988 25 93 85
Descargar Inscripción