Extracción e limpeza do barro


Os diferentes tipos de olas





Elaboración e cocción das olas
O TORNO
A estrutura do Torno ou Roda é moi sinxela. O seu eixo está suxeito a unha táboa chamada “xugo”. Esta táboa servirá. O eixo do torno entra nunha escoitadura que leva o xugo, e por fora se péchase cun pau.
Para reducir o desgaste do eixo, envólvese un coiro de becerro ou grasa de porco.
A roda inferior coñécese co nome de “o campo”, por debaixo de esta roda o eixo segue por unha punta. A cabeza da roda é de madeira de Carballo e a inferior pode ser de Castiñeiro.
O traballo co torno extendíase durante casi todo o ano, algúns oleiros tiñan o torno nas súas cociñas para poder traballar nos meses de inverno.
A ELABORACIÓN DUNHA VASILLA
1. “Pitar o barro”: Cortar o trozo de barro necesario para traballar ese día e golpealo coa fouze de pitar ata deixalo ben desmenuzado e formar “o bolo do barro”.
2. “Bregar o barro”: O alfareiro colle a cantidade que considere necesaria para a construcción dun cacharro, esta masa de barros recibe o nome de “fondo”. Antes de poñer o fondo na roda brégase entre as mans ata que o barro adquire unha consistencia uniforme.
3. “Apretar o barro”: apretar o barro coas mans molladas no “cacho de auga”, comprimese o “fondo” para centralo.
4. Baixar o fondo: comprímese o fondo cara abaixo coas bonecas, e se a vasilla é pequena comprímese cos índices.
5. Furar o fondo: cos índices ábrese ata levar o barro ó borde da roda.
6. Subir o barro: elévase o fondo estirándoo para comezar así a súa forma, mediante os dedos. Este proceso lévase a cobo ata que o barro tupa.
7. Darlle forma: primero comézase dándolle forma ó pescozo e, unha vez que xa esté definido, pasase a dar forma o corpo ou barriga.
8. Facer e pegar a asa: faise un rolo de barro que se vai aplastando suavemente coas mans. A asa pégase por arriba da vasilla.
E xa estaría terminada a peza.
9. Os cacharros terminados eran colocados en estantes nunha parede da habitación de traballo ou na cociña.
10. Enfornar: Dispoñer as vasillas no forno deixando tres camiños entre elas para o lume e orientando a boca das mesmas cara a parte posterior do forno.
Unha vez que se cargaba o forno pechábase a boca e comezábase a cocer o barro con toxos e xestas, unha vez que todas as vasillas tiñan unha cor esbrancuxada pasábase a lume intenso. Cando se consideraba que a fase de cocción estaba terminada introdúcíanse unha ou dúas gavelas de toxos, e pechábase a boca con terra. Un día despóis retirábanse do forno as vasillas, de cada fornada saían 24 docenas de olas “comparadas”.






Distribución e venda das olas
En moi poucas ocasión eran os propios oleiros os que realizaban as vendas polas feiras e aldeas, existían unhas mulleres do propio pobo coñecidas como “as regateiras” que compraban a producción e despóis adicábanse á venda. O oleiro facía tantos lotes como compradores e regateiras había.
O finalizar a coción facían acto de presencia “as regateiras” e o alfareiro facía tantos ”lotes” como compradoras había para despois sortealos. Cada lote estaba formado por “dúas dúcias” de pezas grandes e de pezas pequenas a outra, “as regateiras” cambiaban pezas a súa conveniencia. Nos “lotes” nunca entraban nin as grandes “cántaras ni os ”barreñons” que acostumaban a encargalos directamente os compradores
Co seu “lote” de ” louza”, a ” regateira” facía un ” feixe” convenientemente disposto. Para preparar o ” feixe” comezaba por envolver en saco, ou ” fato”, catro ondas ben ” encarrilladas” e envoltas en palla, e unha máis no medio. Ataba o saco polos seus catro extremos e cruzáballe unha corda por encima. á mesma corda ían enlazando os pescozos de máis “ondas”, que dispoñía ben envoltas en palla en torno ao saco que facía de centro do ” feixe”, ata chegar a unha ducia. Sobre as “ondas” suxeitaba 4 ” xarros grandes” e despois 4 ” xarros medianos e finalmente 4 ” gouxos” que enlazaba co asa.
A ” regateira” transportaba o ” feixe” apoiándoo ao tempo nas súas costas, que cubría cun saco enrolado ou ” folleiro” e sobre a cabeza, na que levaba unha ” rolla”.
Co seu lote de loza, a regateira recorría os diferentes pobos, como a de Luintra, A Peroxa, San Ciprián, Melias, Moreiras, Velle e outros moitos.
Se á regateira lle sobraba mercancía porque a feira fora mala, á volta pasaba por lugares de montaña, e facía o troco de olas por alimentos.

