Aprende coas Mulleres Galegas

Aprende coas Mulleres Galegas

O proxecto “Aprende coas mulleres galegas” pretende achegaros unha serie de actividades para coñecer e afondar na vida de catro referentes intelectuais de Galicia: Maruja Mallo, Mª Victoria Moreno, Concepción Arenal e Ángela Ruiz.

Ligazón ao recurso Rosalía de Castro

Maruja Mallo

Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.

Maruja Mallo foi unha pintora galega de recoñecemento internacional. Considerada unha das máximas representantes do surrealismo, a súa obra destaca en todos os ámbitos por unha constante e innovadora evolución artística.

Mª Victoria Moreno

Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.

Mª Victoria Moreno foi unha profesora e escritora en lingua galega que se adicou principalmente á literatura infantil e xuvenil acadando un amplo recoñecemento polas obras “Anagnórise” e “Guedellas de seda e liño”.

Ángela Ruiz Robles

Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.

Ángela Ruiz chegou a Galicia con 23 anos para exercer como mestra preto de Ferrol. Non só ensinou a escribir a nenos e nenas, senón tamén a pais e nais analfabetos. Ademáis de mestra foi inventora, deseñando o que se considera o primeiro prototipo do libro electrónico.

Concepción Arenal

Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.

Concepción Arenal foi unha xurista, escritora, xornalista e loitadora que traballou incansablemente pola igualdade das mulleres. Ao longo da súa vida estudou a situación das persoas presas nos cárceres e a condición da pobreza na sociedade.

Ángeles Alvariño

Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.

Ángeles Alvariño foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Estudou Ciencias Naturais e foi a primeira muller en viaxar como científica nun buque de investigación británico. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña.

Ernestina Otero

Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.

Ernestina Otero foi unha mestra e pedagoga galega que traballou para implantar un novo xeito de aprender nas escolas. Ernestina estuda Maxisterio en Pontevedra e logo marcha a Madrid á Escola de Estudos Superiores, sendo unha das primeiras mulleres na unversidade.

Mª Josefa Wonenburger Planells

Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.

María Wonenburger foi unha matemática e investigadora galega de renome internacional que traballou no campo da álxebra. Afecionada a deportes coma o hóckey e o baloncesto, foi unha alumna sobresaínte e unha gran políglota. Foi a primeira muller en acceder a unha bolsa Fulbright.

Emilia Pardo Bazán

Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.

Emilia Pardo Bazán foi unha escritora, xornalista, editora e catedrática galega, defensora dos dereitos da muller e precursora do movemento feminista. Foi a primeira muller catedrática en Literatura Contemporánea.

Olimpia Valencia

Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.

Olimpia Valencia foi a primeira médica galega. Tras estudar Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e realizar en Madrid a súa tese de doutoramento, abriu en Vigo a primeira clínica de xinecoloxía dirixida por unha muller.

Filomena Dato

Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.

Filomena Dato foi unha escritora, poeta, oradora e feminista galega. Na súa recompilación de poemas en galego, Follatos, fai unha alegación do papel da muller fronte aos estereotipos existentes a finais do século XIX. O poema “En defensa das mulleres” está considerado unha das primeiras obras feministas da nosa literatura.

Isabel Zendal

Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.

Isabel Zendal foi unha enfermeira galega que formou parte da expedición para levar a vacina da varíola a América. Dende moi nova trasladouse da súa parroquia natal, en Ordes, á Coruña para traballar no Hospital da Caridade coidando dos nenos e nenas do orfanato.

Rosalía de Castro

Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.

Rosalía de Castro foi unha poeta e novelista galega, considerada como a máis destacada autora do Romanticismo do século XIX e unha das maiores representantes deo Rexurdimento galego.

Antonia Ferrín

Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.

Antonia Ferrín fou unha matemática e astrónoma galega que obtivo as licenciaturas de química, farmacia e matemáticas. Foi mestra de escola, de instituto e de universidade. Destacou coma investigadora sendo a primeira muller en defender unha tese de Astronomía en España.

María Casares

Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.

María Casares foi unha actriz galega de cine e teatro. Viuse obrigada a abandonar España tras o levantamento fascista e ao longo da súa carreira acadou numerosos recoñecementos coma a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en España ou o Grand Prix national du théàtre en Francia.

Luz Pozo Garza

Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.

Luz Pozo Garza foi unha escritora, docente, poeta e crítica literaria. Estudou Maxisterio e Filoloxía Románica e ten unha grande obra literaria, destacando os poemarios Paxaro na boca ou Códice Calixtino. Dirixiu as revistas literarias Nordés e Orión, foi membro da Real Academia Galega e no ano 2005 foi galardoada coa medalla Castelao.

María Barbeito Cerviño

Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.

María Barbeito Cerviño foi unha mestra, pedagoga, tradutora, escritora e divulgadora que introduxo o método Montessori en Galicia, que se basea na liberdade e a autoaprendizaxe para poñer ao alumnado no eixo da educación.

Isabel Barreto

Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.

Isabel Barreto foi unha navegante galega, ademáis de gobernadora e adiantada, foi a primeira muller na  historia da navegación en obter o cargo de almirante. Descendente dunha familia portuguesa cunha importante tradición na expedición marítima, realizou expedicións a Perú e as illas Salomón.