As piscinas municipais deste concello, abrirán ao público o día 01/07/2023, en horario de 12:30 a 20:30 horas.
Os prezos son os seguintes:
A) Inscritos/as no padrón municipal de habitantes:
- 1 – Abonos por temporada:
- a) Familiar, entendéndose pais/nais e fillos/as menores de 16 anos: 20 €
- b) Adultos, maiores de 15 anos: 10 €
- c) Menores ata 15 anos, incluídos: 5 €
- 2 – Cota diaria, usuarios segundo apartado 1:
- a) Familiar: 2 €
- b) Adultos: 1 €
- c) Infantís: 0,50 €
B) Non inscritos/as no padrón municipal de habitantes:
- 1 – Abonos por temporada:
- a) Familiar, entendéndose pais/nais e fillos/as menores de 16 anos: 30 €
- b) Adultos, maiores de 15 anos: 12 €
- c) Menores ata 15 anos, incluídos: 6 €
- 2 – Cota diaria, usuarios segundo apartado 1:
- a) Familiar: 3 €
- b) Adultos: 1,20 €
- c) Infantís: 0,60 €
As entradas de cota diaria venderanse unicamente na piscina .
Os abonos por temporada expediranse nas dependencias municipais , debendo achegar a seguinte documentación:
- DNI/s dos membros da unidade familiar ou dos/as interesados/as.
- Libro de familia, de ser o caso.