Actuación contra a violencia de xénero: “Chicas nuevas 24 horas”

Actuación contra a violencia de xénero: “Chicas nuevas 24 horas”

Dentro do programa de actividades programadas polo Centro de Información á Muller, mañá terá lugar no Auditorio dos Gozos, a primeira visita guiada pola exposición fotográfica “Chicas Nuevas 24 Horas” cunha interesante selección de imaxes obtidas a través da viaxe-rodaxe do film por Arxentina, Perú, Colombia, Paraguay e España.


Proxectarase o documental de investigación da directora Mabel Lozano, no que se denuncia o negocio que xera a explotación sexual de mulleres e nenas, a través dos seus testimonios, engañadas coa promesa de conseguir unha vida mellor, sendo explotadas sexualmente contra a súa vontade.

Tráiler promocional


A actividade finalizará co desenvolvemento dun taller formativo co obxectivo de previr e concienciar á mocidade sobre esta traxedia social, silenciosa e oculta, para conseguir unha maior implicación na súa erradicación, pasando pola visualización da realidade e a reducción da demanda destos servicios sexuais, dende o compromiso e a responsabilidade social.


Na actividade participará o alumnado de 3º e 4º da ESO do Colexio Plurilingüe Guillelme Brown, e alumnado de 4º da ESO do CPI José García García de Mende.

É unha actividade subvencionada pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, colaborando o noso Concello co traslado do alumnado ao Auditorio e uso das instalacións municipais.