Presentación da programación de actividades do CIM para o vindeiro outono inverno 2023-2024
Destaca o investimento realizado na área dedicada á formación, tanto de alumnado, profesorado como persoal técnico, facendo especial énfase nos temas máis demandados pola actual realidade:
- Agresións sexuais e violencia sexual
- Captación de mulleres e nenas a través das redes sociais con fins de trata e explotación sexual
- Prevención de conductas suicidas na xuventude e prevención do suicidio dende as aulas
As actividades contan coa subvención dos fondos de Pacto do Estado contra a violencia de xénero, así como do acordo de colaboración entre a Secretaría de Igualdade e a FEGAMP no marco de actuacións da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero e o propio concello do Pereiro.