Actividades de educación afectivo-sexual nos centros escolares do pereiro de aguiar

O concello do Pereiro de Aguiar subvenciona actividades de educación afectivo-sexual nos centros escolares do Pereiro de Aguiar

A educación afectivo-sexual nos centros escolares ten efectos positivos entre o alumnado: axúdalles a mellorar as súas actitudes respecto á saúde sexual e reprodutiva, pero ademais contribúe á previr e reducir a violencia e a discriminación de xénero, sendo a base para lograr unha igualdade social e de xénero.

O Concello do Pereiro é consciente da necesidade deste tipo de formación para que o alumnado teña unha preparación que os capacite para tomar decisións informadas acerca da súa sexualidade e as súas relacións de maneira libre e responsable, que permita á mocidade identificar e evitar os abusos para poder identificar as condutas dos adultos e saber distinguir con claridade entre as manifestacións de agarimo e as que teñen connotación sexual, entre as permitidas e as intolerables.

A formación terá lugar en varias sesións que impartiranse por Sabela Maceira Mato e Lucía Álvarez López, ambas profesionais con formación especializada en educación sexual e asesoramento sexolóxico pertencentes ao equipo do centro de Sexología “Con Mucho Gusto”; e desenvolveranse nos seguintes centros escolares:

  • Centro Público Integrado José García García de Mende: día 31 maio, nos grupos de 3ºA e 3ºB da ESO
  • Centro Público de Educación Infantil e Primaria Ben-Cho-Shey: día 2 de xuño, nos grupos de 6ºA e 6ºB de Primaria
  • Centro Guillelme Brown: día 2 de xuño, nos grupos de 1º e 2º da ESO

 

O propósito destas actividades é dotar ao alumnado de coñecementos e valores que os empoderarán para gozar de saúde, benestar e dignidade, para que poidan establecer relacións sociais e sexuais baseadas no respecto.

A realidade demostra que a falta de formación na sexualidade conleva que a mocidade busque información na Internet, redes sociais e na visualización de pornografía, visión totalmente distorsionada da realidade que se trata de evitar coa impartición destas actividades.