Ábrese nova oficina de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero

Ábrese nova oficina de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero

O Concello do Pereiro de Aguiar, a través da Secretaria Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo presenta o seguinte programa

PROMOCION DA IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO IGUALA2.

Continuamos co noso compromiso coas políticas de igualdade dende a administración local, chegando a mulleres de colectivos vulnerables e sensibilizando a poboación en xeral en canto ao rexeitamento de calquera tipo de discriminación por razón de xénero ou violencia contra as mulleres.

Pomos a disposición das interesadas unha profesional de axuda, TÉCNICA DE IGUALDADE, que se encargará do desenvolvemento do programa.

Os principais obxectivos son fomentar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, dar ferramentas e/ou informar sobre recursos para mudar as súas necesidades, previr e rexeitar situacións  de violencia de xénero, apoiar ás vítimas de violencia de xénero así coma os/as súas/ seus fillos  se é o caso, no longo proceso contra o maltratador.

Levaranse a cabo ao longo destes meses distintas actividades de:

  • Información, orientación e asesoramento nas áreas de educación, emprego, saúde e area xurídica.
  • Obradoiros dirixidos á poboación en xeral, tanto mulleres coma homes, que se encontren en situación de vulnerabilidade onde traballaremos o fomento da redes comunitarias, autoestima, asertividade, habilidades sociais, empoderamento feminino…
  • Sensibilización e fomento da igualdade de xénero con nenas e nenos.

Enténdese por mulleres en situación de vulnerabilidade aquelas  mulleres vítimas de violencia de xénero, mulleres con cargas familiares non compartidas, baixos ingresos por debaixo do 2,5 IPREM, inmigrantes, emigrantes, emigrantes retornadas, poboación de minorías étnicas, menores de 30 anos desempregadas, paradas de longa duración, mulleres maiores, viúvas, con baixo nivel de estudios ou cualificación profesional, mulleres con algún tipo de discapacidade mental…….

As interesadas poden achegarse as oficinas do Centro Social de luns a venres en horario de mañá chamando previamente ao teléfono 699 583 252 para solicitar cita previa.

As actuacións  leváranse  a cabo respectando a privacidade das beneficiarias,  nun entorno agradable e seguro,  con actividades individuais e grupais , dando cumprimento en todo momento das medidas de seguridade e hixiene recomendadas polas autoridades sanitarias fronte á COVID-19.