ESCOLA INFANTIL – PREINSCRICIÓN CURSO 2021 – 2022
Aberto o prazo, de xuño e agosto, para as persoas que queiran solicitar praza na Escola Infantil de cara ó baremo extraordinario de setembro para o curso 2021 – 2022.
Os impresos de preinscrición, así como a documentación que debe achegarse están dispoñibles na Escola e na páxina web do Consorcio: escolasinfantisdegalicia.es ou igualdadebenestar.org
Para a presentación das solicitudes e a documentación, as familias poderán empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365)
Prazo de entrega de solicitudes con cita previa: durante o mes de xuño e xullo na escola e en agosto por Rexistro oficial.