Aberto o prazo de preinscrición na Escola Infantil curso 2021/2022

Aberto o prazo de preinscrición na Escola Infantil curso 2021/2022

ESCOLA INFANTIL – PREINSCRICIÓN CURSO 2021 – 2022

Aberto o prazo durante o mes de NOVEMBRO, para as persoas que queran solicitar praza na Escola Infantil de cara ó baremo extraordinario de decembro para o curso 2021 – 2022.

Os impresos de preinscrición, así como a documentación que debe achegarse están dispoñibles na Escola e na páxina web do Consorcio: escolasinfantisdegalicia.es ou igualdadebenestar.org

Para a presentación das solicitudes e a documentación, as familias poderán empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.