A aula de teatro do Pereiro de Aguiar presenta “Puntadas Rebeldes”

PUNTADAS REBELDES
?Unha comedia coral con carácter, humor e moita forza colectiva

Sinopse:
Nunha pequena aldea galega, as mulleres están fartas. Fartas de perder o seu tempo, o seu espazo e a súa voz. O que comeza como a perda das tardes de calceta —ese momento sagrado de descanso e complicidade— convértese no chispazo dunha revolta.

Guiadas por Lisi, organizan unha folga. Esixen o que sempre lles pertencía: o dereito ao seu espazo, ao seu tempo… e á súa dignidade. Entre tensións, risas, estratexias absurdas e moita determinación, as veciñas tecen unha rebeldía feita de la, agullas e valentía.

✨ “Puntadas Rebeldes” é unha comedia fresca e feminista, que bebe do teatro clásico cunha mirada contemporánea e profundamente humana.
Unha homenaxe ao poder das pequenas cousas que nos fan libres.

Equipo artístico
Reparto (por orde de intervención):
Yolanda San Isidro, Isolina Nieves, Natalia Cantón, Eva Rodríguez, Belfy Ramos, Silvia Gago, Belén García, Aránzazu Rodríguez, David Sánchez, Jordi Vidal, AidaVázquez, Rosa Domínguez, Mónica María Fernández Riveiro

Dramaturxia, escenografía e dirección: Nerea Rodríguez Oliveira
Soporte técnico: Asociación Sustinea
?️ Cuña de apertura: Iván Iglesias
Auxiliar de dirección: Iria Losada
Agradecementos: Hugo, Rui e todos os pequenos e pequenas do alumnado