Brote de coronavirus no Concello do Pereiro de Aguiar

Brote de coronavirus no Concello do Pereiro de Aguiar
Conforme as información recibidas neste Concello por parte das autoridades sanitarias, confirmamos un brote de coronavirus no Concello do Pereiro de Aguiar. Trátase dun brote nunha unidade familiar que neste momento está controlado e confinados no seu domicilio.
Recordamos a todos os veciños e veciñas a importancia de seguir as recomendacións das autoridades sanitarias, DISTANCIAMENTO SOCIAL, USO DE MASCARILLA E HIXIENE DE MANS.
Informaremos puntualmente de todas as novidades  diste ,ou de novos casos que poidan aparecer.
Pregamos a máxima precaución e respecto. Estamos en contacto coa familia afectada e desexámoslle unha pronta recuperación
RESPONSABILIDADE INDIVIDUAL E COLECTIVA.
TRANQUILIDADE E PRECAUCION.