Actividades do programa de Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

Actividades do programa de Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero
Dende o Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da violencia de Xénero vimos de levar a cabo dous obradoiros destinados a nenas e nenos de entre 4 e 11 anos, coa colaboración da Aula Concilia na escola «Ben- cho-shey».
Foron dúas mañás onde mediante o xogo e a expresión artística traballamos dende a Pedagoxía dos Coidados tendo por obxectivos fortalecer a conciencia persoal e social sobre o papel principal que teñen os coidados nas nosas vidas, quen acostuma a coidarnos e a importancia de conservar e valorar o coidado cada día nunha sociedade en constante mudanza. Tamén compartimos ideas e reflexións en torno as tarefas domésticas e a necesidade da corresponsabilidade equitativa entre xéneros no traballo que conlevan, quen acostuma a levalas a cabo, como deberíamos repartir as tarefas e que pasaría no mundo sen que este traballo estivese feito.
Aprendemos moito e compartimos reflexións e ideas xeniais. As novas xeracións téñeno claro: Temos que coidarnos moito e ben, así como repartir o traballo doméstico para vivir melolor!.  Aquí vos mostramos algunhas fotos das mañás que estivemos xuntas/os.
¡Estade atentas e atentos as seguintes actividades que se desenvolvan no programa!