Xornada de sensibilización “Coñecendo o autismo” 🧩
O Concello de Pereiro de Aguiar acollerá o vindeiro venres, 27 de marzo, ás 18:30 horas unha xornada de sensibilización titulada “Coñecendo o autismo”, que terá lugar no CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey .
Esta formación gratuíta ten como obxectivo achegar á cidadanía unha maior comprensión sobre o autismo, fomentando a sensibilización, o respecto e a inclusión das persoas dentro do espectro autista .
A actividade está aberta a todas as persoas interesadas


