✨👑 O Concello do Pereiro de Aguiar continúa coa programación de Nadal no Pereiro cunha das citas máis agardadas polos máis pequenos: a Visita dos Reis Magos.
📅 As súas maxestades de Oriente achegaranse ao noso concello o luns, 5 de xaneiro para saudar ás familias e compartir un momento cheo de ilusión. A actividade terá lugar ás 17:00 h no Salón Multiusos dos Gozos.
✍🏼 Para asistir e saudar aos Reis Magos, é necesario anotarse a través da Biblioteca Pública, chamando ao 988 259 839, por WhatsApp no 685 52 85 38 ou no correo [email protected].
🕗 Horario da biblioteca, horario de mañá, de 09.30 h. a 14.30 h., e tamén en horario de tarde os días 29 e 30 de decembro e 2 de xaneiro, de 17.00 h. a 19.00 h.


