Talleres das Olimpiadas de Inverno

❄️ Olimpíadas de Inverno no Pereiro: Diversión e deporte no pavillón municipal! 🏅

O Concello do Pereiro vén de anunciar unha nova edición das Olimpíadas de Inverno, unha xornada pensada para que a mocidade poida gozar, aprender e convivir a través do xogo e da actividade física.

 🧒🏽👦🏼 Para os nados entre o 2018 e 2010.

👚Roupa cómoda, calzado pista e calzado exterior, merenda de media mañá.

✍🏼 Númerode prazas: 20.

🕗 Horario tipo para os talleres: 

  • 9:00 – 9:30   Benvida e xogos de activación
  • 9:30 – 11:00  OBRADOIRO DO DÍA: manualidades, cociña, teatro, ciencia ou proxectos artísticos.
  • 11:00 – 11:30 MERENDA E XOGO LIBRE
  • 11:30 – 13:00 OLIMPIADAS DE INVERNO. Actividade deportiva
  • 13:00-13:50 Xogos grupais, de mesa ou sesión de cine
  • 13:50-14:00 Actividade Despedida

📍 Lugar: Pavillón Municipal.
Horario: De 09:00 a 14:00 h.
🗓️ Actividade composta por 4 obradoiros temáticos:

  • O 23 de decembro taller “Os Obstáculos do Grinch”.
  • O 24 de decembro taller “As probas dos elfos”.
  • O 5 de xaneiro taller “Olimpiadas de Inverno”
  • O 7 de xaneiro taller “Aventura Invernal”