Orientación laboral

O Concello do Pereiro de Aguiar, como Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, dispón dun Departamento de Orientación Laboral. As accións que se realizan dende este servizo teñen como obxectivo mellorar as posibilidades de  inserción laboral das persoas desempregadas.

As actuacións que se desenvolven son, entre outras, as seguintes:

  • Información sobre os programas de Formación e Inserción laboral da Consellería de Traballo e Benestar
  • Difusión das subvencións e axudas para a contratación de persoas desempregadas, así como de lexislación de interese relacionada co emprego e a formación.
  • Intermediación laboral: información e xestión de ofertas de emprego, listas de contratación, etc…
  • Deseño  e elaboración de currículos e cartas de presentación.
  • Elaboración de Itinerarios Personalizados de Inserción ás persoas desempregadas a través de información e orientación profesional para o emprego e o autoemprego, para a mellora da súa cualificación profesional e da súa empregabilidade.

PUNTO DE INFORMACIÓN DO SPEG

Nas dependencias do concello tamén se atopa o Punto de Información do Servizo Público de Emprego de Galicia onde poden renovar as súas demandas de emprego, evitando os desprazamentos a Ourense. No mesmo Punto poden consultar ofertas de emprego e acceder a diversas páxinas web dos diferentes Servizos Públicos de Emprego Nacionais e Autonómicos. Para poder utilizar este servizo deben acudir á Oficina de Emprego da Ponte (Ourense), e rexistrar a súa impresión dixital. Unha vez feito o rexistro, poden utilizar este servizo co que conta o Concello.

Noticias da área de Orientación laboral:

Comunicado SEPE
Noticias

Comunicado SEPE

A situación xerada pola evolución do coronavirus COVID-19 derivou na necesidade de adoptar medidas dirixidas a evitar a súa expansión na medida do posible. Para

Comunicado SEPE
Noticias

Comunicado SEPE

La situación generada por la evolución del coronavirus COVID-19 ha derivado en la necesidad de adoptar medidas dirigidas a evitar su expansión en la medida

Noticias

Medidas Urgentes Empleo

Medidas Urgentes Empleo para minimizar el impacto del COVID-19 Al amparo del Plan territorial de Emergencias de la Xunta de Galicia y del estado de

Noticias

Medidas Urxentes Emprego

Medidas Urxentes Emprego para minimizar o impacto do COVID-19 Ao abeiro do Plan territorial de Emerxencias da Xunta de Galicia e do estado de alarma

Cita previa:

Orientacion Laboral - Pedir Cita
Se hay dispoñibilidade, daremoslle a cita nese día, no caso contrario, indicarémoslle outra diferente / Si hay disponibilidad le daremos la cita ese día, en caso contrario, se le indicará otra diferente.