Cultura, ocio e tempo de lecer

A importancia dun concello non se define polo tamaño do seu territorio, nin polo maior ou menor número de habitantes, senón máis ben pola calidade de vida que ofrece. A calidade de vida mídese, entre outras cousas, polo grao de acceso dos cidadáns aos medios de educación e cultura.

Dende este servizo trabállase na busca dos seguintes obxectivos:
• Incentivar e favorecer a creación cultural, creando novos espazos para a cultura e apoiando material e economicamente os procesos creativos.
• Rendibilizar os investimentos culturais, programando actividades para tódalas idades e durante todo o
ano.
• Fomentar o asociacionismo, favorecendo así a participación cidadá e poñendo a disposición dos veciños recursos, programas e espazos para o lecer e a creación.
• Descentralizar a oferta cultural, desenvolvendo unha rede de centros socioculturais en distintos lugares e parroquias.
• Promover a conservación do patrimonio cultural, organizando e patrocinando todos aqueles eventos en favor da tradición cultural e festiva do noso Concello.

MAIORES
• Excursións
• Obradoiros de memoria, risoterapia, baile…

ACTIVIDADES CULTURAIS
• Certame Artístico Terras de Aguiar
• Diferentes exposicións
• Programa “Camiños de Cultura”
• “Veñen os Reis”
• Entroido

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO SOCIAL
• Voluntariado Social e Ambiental

Noticias da área de Cultura, ocio e tempo de lecer:

Cultura, Ocio e Tempo de Lecer

II Edición de Funtastik -No Limits

Este ano, do 3 ao 12 de outubro, celebrase a segunda edición de Funtastik en Expourense. ? O Concello do Pereiro de Aguiar pon a

Cultura, Ocio e Tempo de Lecer

Proxeción: Deuses de Pedra 27/09

O día 27 de setembro as 22h no Teatro Principal (Ourense) na programación do festival de cine do OUFF será presentada a última película da

Cultura, Ocio e Tempo de Lecer

Concerto do Xacobeo 20/09

Este 20 de setembro ás 21hs, teremos a presenza de Óscar Ibañez & Tribo e Coral Terras de Aguiar na praza do concello. Entrada de

Deportes

Portas Abertas Minibasket

? Portas Abertas Escoliña Minibasket. ?No Pavillón Municipal de Pereiro. ? Luns 15 e 22 de setembro de 17.00 h. a 18.00h . ? Martes

Cultura, Ocio e Tempo de Lecer

Presentación das clases de pandereteiras e trebellos

Se queres mergullarte na música tradicional galega, este encontro é para ti.??A pandeireta e os nosos trebellos populares soan con forza, transmitindo historia, identidade e

Cultura, Ocio e Tempo de Lecer

Aula de Teatro do Pereiro de Aguiar

? Se che apaixona o mundo do teatro ou simplemente queres probar algo novo, esta é a túa oportunidade.No Aula de Teatro do Pereiro de

Cultura, Ocio e Tempo de Lecer

Imaxes da Actuación Etiqueta Negra Old Music

O pasado venres 29 de agosto a Praza do Concello converteuse nun auténtico escenario musical coa actuación en directo de Etiqueta Negra Old Music. ?

Cultura, Ocio e Tempo de Lecer

Obradoiros Centro de Maiores

O Concello de Pereiro pon en marcha cinco actividades creativas dirixidas a maiores de 55 anos no Centro de Maiores Os Gozos ? Obradoiro de

Cultura, Ocio e Tempo de Lecer

Concerto Etiqueta Negra Old Music

? O venres 29 de agosto ás 21.00 h., na Praza do Concello encherase de boa música co directo de ETIQUETA NEGRA Old Music. ?