Aula Concilia:
- 988 259 385
- 677 838 878
- info@concellopereiro.com
- Horario de atención durante o curso escolar: mañás: de 07:30 h. ata o inicio das clases e tardes: dende o remate das clases ata as 20:00 h.
- Horario de atención durante as vacacións (Verán, Nadal, Semana Santa, Entroido e pontes): de 7.30 a 14.30 h
- Enlace ao blogue da aula: www.piratasdaauladabaixo.blogspot.com.es
SERVIZO DE CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR “AULA CONCILIA”:
A conciliación da vida familiar, persoal e laboral é unha cuestión de homes, mulleres, empresas e institucións. É unha responsabilidade global da sociedade.
O ámbito ao que se dirixen as actividades abrangue o entorno familiar na súa totalidade, e ao mesmo tempo quérese fomentar que as mesmas contribúan a diminuír a asignación tradicional de roles e identidades de xénero que , no noso concello permanecen, aínda hoxe, arraigadas.
Organizamos o servizo tendo en conta diversos factores:
Por unha banda a incorporación das mulleres ao mercado de traballo fixo que se manifestara a necesidade de crear un Servizo de Conciliación Municipal que servira de regulador no conflito entre traballo e familia, polo que no ano 2008 comezamos cun grupo de dez nen@s e dous profesionais, e na actualidade supéranse os oitenta nen@s e cinco profesionais .
Por outra, a evolución dos diferentes tipos de familias que existen no noso concello fíxonos entender que este ía ser un servizo cun peso fundamental. Atendemos un número significativo de familias monoparentais cunhas necesidades específicas de conciliación moi concretas.
As actividades que se levan a cabo dentro teñen como usuarios as familias empadroadas dentro do municipio, e están organizadas do seguinte xeito:
LUGAR:
Aula de abaixo do CEIP “Ben-Cho-Shey”
REQUISITOS:
Estar empadroados no concello do Pereiro de Aguiar (o/a neno/a e un proxenitor)
Ser pai/nai traballador/a con incopatibilidade horaria para o coidado dos/as fillos/as.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
- Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
- Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
- Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
- Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
- Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
- No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
- Fotografía de carné d@ menor que utilice por primeira vez o servizo.
Teléfonos de información: 988 259 385 / 633 120 494
Noticias da área de Aula Concilia:

LISTADO DE ADMITID@S EN EL AULA CONCILIA VERÁN 2024
Listado del aula Concilia Verán 2024 DESCARGAR RESOLUCION

LISTAXE DE ADMITID@S NA AULA CONCILIA VERÁN 2024
Listaxe da aula Concilia Verán 2024 DESCARGAR RESOLUCION

Listaxe provisional da Aula Concilia Verán 2024
LISTAXE DE SOLICITUDES PRESENTADAS á espera da publicación da listaxe definitiva c@s admitid@s e a lista de espera nas semanas que se superen ás 75

Listado de admitidos da aula concilia para a ponte do 20 de maio
Listado de admitidos da aula concilia de Pereiro de Aguiar para a ponte do 20 de maio E-mail: aula_obradoiro@hotmail.com Móbil: 677 838 878 – 988 54

Listado de admitidos del aula concilia para el puente del 20 de mayo
Listado de admitidos del aula concilia de Pereiro de Aguiar para el puente del 20 de maio E-mail: aula_obradoiro@hotmail.com Móvil: 677 838 878 – 988 54

Solicitudes para o acceso á “Aula Concilia” 20 de maio 2024
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais ou por Sede Electrónica. Prazo de entrega: do 6 ao 10 de maio Publicación das listas de

Solicitudes para el acceso al “Aula Concilia” 20 de mayo 2024
Lugar de presentación de solicitudes: Registro de Oficinas Municipales o mediante Sede Electrónica. Plazo de entrega: del 6 al 10 de mayo Publicación de las

Aula Concilia Verano 2024
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA El ACCESO “CONCILIA VERANO” 2024 Lugar de entrega de las solicitudes: Registro Oficinas Municipales o Sede electrónica. Plazo de entrega: de

Aula Concilia Verán 2024
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO “CONCILIA VERÁN” 2024 Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro Oficinas Municipais ou Sede Electrónica. Prazo de entrega: do 29