Resumo das actividades desta fin de semana

O Concello do Pereiro de Aguiar viviu esta fin de semana dúas xornadas cheas de música e ambiente.

O sábado, o escenario encheuse de ritmo co concerto de As Lapacaldas, Airiños de Foles e outros seres, nun encontro que fixo gozar ao público cunha proposta moi animada.

O domingo, a programación continuou coa actuación de Nadal da Escola de Música do Pereiro, celebrando estas datas a través da música e reforzando a vida cultural do concello.

Desde a Área de Cultura do Concello do Pereiro queremos agradecer o grupo As Lapacaldas, o grupo de arcodeóns da Escola de Iván Carballo, a Aula de Teatro do Pereiro, e como non a Escola de Música do Pereiro polo esforzo diario para ofrecernos actuacións de tan grande calidade.

Aquí poderán atopar imagenes e vídeos das interpretacións: