Proxectos de enerxías renovables no sector residencial

O Concello do Pereiro de Aguiar informa da apertura do prazo de solicitudes para a convocatoria de “Proxectos de enerxías renovables no sector residencial”, que estará vixente do 09/02/2026 ao 13/03/2026.

ACTUACIÓN SUBVENCIONABLES

Biomasa
Subvenciónanse caldeiras (tipoloxías B1/B2/B3 segundo combustible/alimentación e volume de almacenamento).

Bombas de calor
Deben contar con etiqueta enerxética para calefacción de baixa temperatura A ou superior.
Non subvencionables:

  • Bombas aire-aire.
  • Monobloc para ACS (bomba de calor para auga quente sanitaria).
  • En aerotermia, só se subvenciona se traballa en circuíto secundario a baixa temperatura: admítense chan radiante, radiadores de baixa temperatura (con ficha técnica que o acredite) ou fancoils.

Solar térmica

  • Paneis planos ou tubos de baleiro.
  • Coeficiente de perdas do panel ≤ 6 W/(m²·ºC).
    Non subvencionable: instalacións para quentar piscinas descubertas.

CONTÍA SUBVENCIONABLE

A axuda é do 50% do investimento elixible por vivenda, cos seguintes topes:

  • Biomasa: 8.000 €
  • Xeotermia: 10.000 €
  • Aerotermia/Hidrotermia: 2.500 €
  • Solar térmica: 2.000 €

ATENCIÓN E TRAMITACIÓN (CON CITA PREVIA)

O servizo tramítase con cita previa.
📞 Teléfono: 622 387 058
📍 Lugar: Concello do Pereiro de Aguiar
🗓️ Cada venres, de 10:00 a 14:00