💜 O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello do Pereiro de Aguiar pon en marcha o seu Programa de Actividades Outono–Inverno 2025, dirixido a promover o benestar, a igualdade e a participación activa das mulleres do municipio.
📣 Esta nova programación inclúe obradoiros, charlas e actividades de lecer e formación, pensadas para todas as idades e intereses. O obxectivo é ofrecer un espazo de encontro, aprendizaxe e apoio, favorecendo o desenvolvemento persoal e comunitario.
Porque a igualdade tamén se constrúe día a día, a través da participación e o compromiso. 💪🏼💜



