O CIM ven de presentar hoxe o seu programa de actividades primavera-verán 2026
Unha clara aposta pola formación en valores de igualdade da poboación máis nova do noso concello, sen esquecer a formación no ámbito da autodefensa das nosas mulleres.
Entre as actividades programadas están:
- DIFUSIÓN DO MANIFESTO CON OCASIÓN DO 8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
- CONCENTRACIÓN 8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, no parque da Igualdade (Cachamuíña) para escolares e a veciñanza do concello.
- OBRADOIROS SEXO, AMOR E MASCULINIDADES
- IX XUNTANZA DA MESA LOCAL DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
- CURSO DE AUTODEFENSA FEMINISTA
- ESPECTÁCULO “TRAVESÍAS” A CARGO DE RAQUEL QUEIZÁS



